top of page

Gastos de envío por correo ordinario GRATUITOS en pedidos de más de 10,00 €

No día de defuntos, Carlos irá por vez primeira ao cemiterio cos seus pais para lembrar á súa tía Anita, que lle axudou a vencer o medo para cruzar o escuro corredor da súa casa. Levará o seu colar de zonchos e, xunto cos seus amigos, escoitará unha historia de bruxas contada pola Señora Estela.

​

Novembro é un conto sobre a superación dos medos que combina habilmente o agarimo ás tradicións sen deixar de abrirse a novos costumes. É un relato divertido pero profundo, no que os nenos poderán descubrir diversas mensaxes de acordo á súa propia madurez emocional.

Novembro: Tempo de Zonchos

O autor

ICO NOVEMBRO.JPG

Marcos Iglesias é un escritor novel que publica por primeira vez e que desenvolve en novembro unha sensibilidade e unha conexión cos máis pequenos da casa difíciles de igualar.

​

Baseado nun recordo da súa infancia, creou un abanico de personaxes que nos cala a todos pola súa profundidade e a súa beleza.

A ilustradora

Lucía Barrios tamén publica por primeira vez, pero a súa profesionalidade vén avalada non só pola súa longa experiencia no mundo do deseño gráfico senón polo magnífico resultado de Novembro.

​

Unha estética sinxela dada o temática pero detallada no seu contido deu a este conto o colorido e o apoio gráfico que necesitaba.

bottom of page